Entre antropoloxía e historia. A oralidade na ficción amorosa dos trobadores galego-portugueses ou como salvar o itinerarium ad dominam
ArGaMed · 2023
DOI: 10.52740/argamed.23.06.01.00051 ↗Kurz gefasst
Fachartikel in der Zeitschrift ArGaMed, 2023. Verfasst von Xabier Ron Fernández. Der Volltext ist frei zugänglich (Open Access, CC BY-NC-ND 4.0).
Abstract (Originalsprache)
Esta monografía representa unha culminación de tres décadas de traballo investigador. Nela hai moito da nosa tese de doutoramento (Sobre a fenomenoloxía do don na lírica románica das primeiras xeracións, 2016) e tamén de toda a experiencia adquirida durante estes 30 anos. O núcleo do estudo repousa na oralidade en tanto que parte esencial da creación poética trobadoresca (capítulo 8) e a súa inscrición na ficción das cantigas de amor e de amigo en forma de motivos destinados a salvar a distancia que separa o servidor da súa señor no itinerarium ad dominam (capítulo 9) que, necesariamente, debe percorrer, como se fose unha peregrinación, o trobador (capítulo 10). Mais a esencia que soporta ese núcleo, que só desexa espertar máis preguntas da comunidade académica, é a de reivindicar o papel do estudoso como homo medievisticus generalis desde unha óptica racional e argumentada coas probas históricas e literarias. Por iso, os primeiros capítulos dedicámolos a explicar a nosa metodoloxía (capítulo 3), a especificar cal é o corpus de referencia, así como os autores e a súa cronoloxía (capítulo 4), para, despois, ofrecermos unha perspectiva xeral de aspectos relevantes que teñen especial vinculación coa oralidade: a dialéctica entre antropoloxía e historia (capítulo 5), a revalorización da estética (capítulo 6) e a dimensión cooperativa entre escripturalidade, texto e música (capítulo 7). Para facilitar o seguemento das reflexións, ofrecemos en apéndice unha táboa onde figuran todos os autores estudados (101 trobadores), todas as cantigas cunha síntese dos motivos desde a óptica da oralidade e un repertorio de todas as cantigas incorporadas no estudo, que respecta a orde escollida, a da colocación do trobador na tradición manuscrita (471 cantigas das 1197 composicións analizadas).
Zitieren
APA
Fernández, X. R. (2023). Entre antropoloxía e historia. A oralidade na ficción amorosa dos trobadores galego-portugueses ou como salvar o itinerarium ad dominam. ArGaMed. https://doi.org/10.52740/argamed.23.06.01.00051
Vancouver
Fernández XR. Entre antropoloxía e historia. A oralidade na ficción amorosa dos trobadores galego-portugueses ou como salvar o itinerarium ad dominam. ArGaMed. 2023. doi:10.52740/argamed.23.06.01.00051
BibTeX
@article{Fernndez2023,
author = {Fernández, Xabier Ron},
title = {Entre antropoloxía e historia. A oralidade na ficción amorosa dos trobadores galego-portugueses ou como salvar o itinerarium ad dominam},
journal = {ArGaMed},
year = {2023},
doi = {10.52740/argamed.23.06.01.00051}
}
EUVIMED