ronsel do cantigueiro. Perspectivas etnomusicolóxicas sobre as ensinanzas das cantareiras galegas
Boletín da Real Academia Galega · 20.04.2026 · (386) · 11-26
DOI: 10.32766/brag.386.897 ↗Kurz gefasst
Fachartikel in der Zeitschrift Boletín da Real Academia Galega, online erschienen am 20.04.2026. Verfasst von Xulia Feixoo.
Abstract (Originalsprache)
Neste artigo gustaríame reflexionar sobre o coñecemento legado polas nosas cantareiras patrimoniais, un coñecemento que, a diferenza do transmitido polos cancioneiros, emerxe das prácticas da escoita e fica inscrito na voz e no corpo colectivos. Trátase dun saber que excede a análise musical tal e como é entendida na praxe académica occidental, e que se manifesta no propio acto de cantar e bailar xuntas. Interésame, así, explorar as ontoloxías do son e do movemento, modos de existencia e de coñecemento que desbordan a linguaxe escrita. Mais tamén quero pensar o que implica escoitar eses corpos e esas voces hoxe. Porque, como demostra a tradición das nosas cantareiras, a voz colectiva foi tamén un modo de facer comunidade, de crear vínculo e de habitar o territorio. Desde aquí propoño ler a idea de comunidade non como algo dado, senón como algo que se constrúe e se actualiza a través de rituais compartidos, entendidos como actos constitutivos e disidentes. Por iso, máis alá das lóxicas da patrimonialización e da nostalxia, as súas voces e os seus corpos poden axudarnos a pensar o presente. Nun tempo no que a modernidade tardía tende á uniformidade sonora e á estandarización das prácticas, o ronsel do cantigueiro segue a ofrecer outra forma de coñecer e de estar no mundo, unha que entende a nosa música e o noso baile como forzas vivas que continúan a trazar as coordenadas colectivas do noso territorio.
Zitieren
APA
Feixoo, X. (2026). ronsel do cantigueiro. Perspectivas etnomusicolóxicas sobre as ensinanzas das cantareiras galegas. Boletín da Real Academia Galega, 11-26. https://doi.org/10.32766/brag.386.897
Vancouver
Feixoo X. ronsel do cantigueiro. Perspectivas etnomusicolóxicas sobre as ensinanzas das cantareiras galegas. Boletín da Real Academia Galega. 2026:11-26. doi:10.32766/brag.386.897
BibTeX
@article{Feixoo2026,
author = {Feixoo, Xulia},
title = {ronsel do cantigueiro. Perspectivas etnomusicolóxicas sobre as ensinanzas das cantareiras galegas},
journal = {Boletín da Real Academia Galega},
year = {2026},
number = {386},
pages = {11--26},
doi = {10.32766/brag.386.897}
}
EUVIMED