EUVIMEDEUVIMED entdecken
Crossref

A política de cohesión europea. Evolución e perspectivas

Laureano Lázaro Araujo

Revista Galega de Economía · 1970

DOI: 10.15304/rge.21.extra.426 ↗

Kurz gefasst

Fachartikel in der Zeitschrift Revista Galega de Economía, 1970. Verfasst von Laureano Lázaro Araujo. Die Arbeit nennt 28 Literaturangaben.

AbstractBibliografische AngabenZitierenVerwandte Studien

Abstract (Originalsprache)

A evolución do que foi o mercado común ata chegar á Unión Europea pode estudarse desde diferentes puntos de vista. Neste traballo tomáronse a integración económica e, sobre todo, a cohesión económica, social e territorial como claves para interpretar un proceso que, malia a crise que atravesa actualmente, chamou a atención de políticos, profesionais e de estudosos. Distín-guense catro etapas: a primeira, desde as súas orixes ata a Acta Única Europea (AUE, 1987); a se-gunda, desde a AUE ata o Tratado de Ámsterdam (TA, 1999); a terceira, desde o TA ata a grande ampliación (2004-2007); e a cuarta, na que nos atopamos, é unha zona aberta. Mantense a tese de que, despois da gran galopada que representou a AUE e a presidencia de Delors, a unificación de Alemaña e a desaparición da URSS marcan un punto de inflexión á baixa, cuxa plasmación docu-mental e financeira é a Axenda 2000. A integración económica é obxecto de varios intentos de re-lanzamento (Estratexia de Lisboa, Estratexia Europa 2020, Acta do Mercado Único), sen lograr atar os cabos soltos. En materia de cohesión, desde a reforma dos fondos estruturais, nunca como ago-ra, que é cando máis se necesita, foi tan débil o apoio financeiro e económico real para fortalecer a cohesión. Só na literatura oficial está en alza. Son uns puntos de vista non exentos de polémica. Con todo, e a pesar da crise, da falta de liderado e do exceso de prepotencia, paga a pena continuar no empeño de seguir avanzando cara á unión política

Zitieren

APA

Araujo, L. L. (1970). A política de cohesión europea. Evolución e perspectivas. Revista Galega de Economía. https://doi.org/10.15304/rge.21.extra.426

Vancouver

Araujo LL. A política de cohesión europea. Evolución e perspectivas. Revista Galega de Economía. 1970. doi:10.15304/rge.21.extra.426

BibTeX
@article{Araujo1970,
  author = {Araujo, Laureano Lázaro},
  title = {A política de cohesión europea. Evolución e perspectivas},
  journal = {Revista Galega de Economía},
  year = {1970},
  doi = {10.15304/rge.21.extra.426}
}
Kostenlos starten →