A loita pola educación no rural galego: unha teima que non acouga. Apuntamentos para unha historia do período 1975-2014
Innovación educativa · 2014
DOI: 10.15304/ie.24.2218 ↗Kurz gefasst
Fachartikel in der Zeitschrift Innovación educativa, 2014. Verfasst von Alicia López Pardo und 1 weiteren Autor:innen.
Abstract (Originalsprache)
Un asunto tan complexo e ao tempo tan transcendente para o país galego como é o da educación no ámbito rural precisa, agora que xa levamos percorrido un treito do século XXI, unha visión retrospectiva e ao tempo crítica que poña o acento nos fitos máis destacables que singularizaron a historia da súa defensa, cos seus avances e retrocesos, desde a década dos 70 do século pasado ata os tempos que vivimos. Neste artigo intentamos pois ofrecer as referencias imprescindibles para caracterizar minimamente aqueles colectivos docentes que enfrontaron, desde o rigor pedagóxico e o compromiso comunitario, o estudo e a defensa do medio rural galego, e que batallaron no plano intelectual e na acción directa nas aulas, por unha educación digna, xusta, pública, de calidade, e adaptada ao contexto rural, ás súas xentes e á súa lingua e cultura propias. Collendo o fío da memoria a través destas catro décadas iremos desvelando e analizando acontecementos, algúns case esquecidos, que permitan dar a entender e poñer de manifesto o relevante papel histórico desempeñado polos diferentes movementos sociais que se configuraron a prol da educación no rural.Entre eles ocupa un posto meritorio a Mesa Galega de Educación no Rural, unha organización nacida como plataforma representativa das reivindicacións dos colectivos profesionais neste eido; con case vinte anos de percorrido ás súas costas, hoxe aínda é escasamente coñecida. En xustiza coa relevancia do seu cometido cómpre que nesta contribución deixemos mínima constancia das súas achegas e da súa traxectoria, que nos ligará coa actualidade, un tempo incerto que nos permite acubillar tanto esperanza (ao revisar o labor que veñen desempeñando docentes e comunidades rurais) como desilusión (se consideramos o tipo de atención habitualmente dispensada polas administracións á educación no rural).http://dx.doi.org/10.15304/ie.24.2218
Zitieren
APA
Pardo, A. L., & Durán, F. X. C. (2014). A loita pola educación no rural galego: unha teima que non acouga. Apuntamentos para unha historia do período 1975-2014. Innovación educativa. https://doi.org/10.15304/ie.24.2218
Vancouver
Pardo AL, Durán FXC. A loita pola educación no rural galego: unha teima que non acouga. Apuntamentos para unha historia do período 1975-2014. Innovación educativa. 2014. doi:10.15304/ie.24.2218
BibTeX
@article{Pardo2014,
author = {Pardo, Alicia López and Durán, Francisco Xosé Candia},
title = {A loita pola educación no rural galego: unha teima que non acouga. Apuntamentos para unha historia do período 1975-2014},
journal = {Innovación educativa},
year = {2014},
doi = {10.15304/ie.24.2218}
}
EUVIMED