EUVIMEDEUVIMED entdecken
Open Access · CC BY-NC-ND 4.0

Análise comparativa dos dous últimos decretos de distribución de linguas no ensino galego

Mario Gradín Martínez

Estudos de Lingüística Galega · 2020

DOI: 10.15304/elg.12.5747 ↗

Kurz gefasst

Fachartikel in der Zeitschrift Estudos de Lingüística Galega, 2020. Verfasst von Mario Gradín Martínez. Die Arbeit wurde bisher 4-mal zitiert (Crossref) und nennt 41 Literaturangaben. Der Volltext ist frei zugänglich (Open Access, CC BY-NC-ND 4.0).

AbstractBibliografische AngabenZitierenVerwandte Studien

Abstract (Originalsprache)

Dende a entrada en vigor da Lei de normalización lingüística, a meirande parte dos esforzos a prol da recuperación e da dignificación social do galego foron dirixidos ao ensino non universitario, ao considerarse como un dos eidos de actuación principais. Porén, o tratamento que se lle deu á lingua galega nas aulas foi cualificado a miúdo como de mínimos ou de baixa intensidade, polo menos ata a chegada da coalición de goberno entre o Partido dos Socialistas de Galicia e o Bloque Nacionalista Galego: durante o seu período ao mando da Xunta, a devandita coalición aplicou o Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo. Este texto representa o maior avance rexistrado cara á normalización do idioma nas aulas, priorizándose o seu emprego para contrarrestar os usos sociais privilexiados (e dominantes) do castelán no resto da sociedade. Non obstante, coa vitoria do Partido Popular de Galicia nas eleccións do 2009, o Decreto 124 foi derrogado e substituído polo Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, co que en esencia se suprimiu o tratamento favorable á lingua nas aulas e se fixo unha distribución igualitaria, baixo unha perspectiva estritamente cuantitativa, entre o galego e o castelán. Partindo disto, neste estudo elaboramos unha análise contrastiva de ambos os dous textos para amosar que modelos de educación bilingüe se aplicaron con cada decreto, intentando demostrar que a miúdo as políticas lingüísticas desenvoltas pola Xunta no ensino pretenderon manter a desigualdade entre as dúas linguas oficiais, máis que responder a un verdadeiro compromiso pola normalización do galego.

Zitieren

APA

Martínez, M. G. (2020). Análise comparativa dos dous últimos decretos de distribución de linguas no ensino galego. Estudos de Lingüística Galega. https://doi.org/10.15304/elg.12.5747

Vancouver

Martínez MG. Análise comparativa dos dous últimos decretos de distribución de linguas no ensino galego. Estudos de Lingüística Galega. 2020. doi:10.15304/elg.12.5747

BibTeX
@article{Martnez2020,
  author = {Martínez, Mario Gradín},
  title = {Análise comparativa dos dous últimos decretos de distribución de linguas no ensino galego},
  journal = {Estudos de Lingüística Galega},
  year = {2020},
  doi = {10.15304/elg.12.5747}
}
Kostenlos starten →